lunes, 14 de diciembre de 2015

Outra viaxe para as MOCHILAS !


Xa están en posición de saída porque  este mércores, 16 de decembro,  fan a súa primeira visita á casa de aqueles alumnos e alumnas que así o solicitaron. 

Ó longo deste curso realizarán outras excursións para compartir os seus materiais con moitas máis familias.

 Se aínda non vos toca, un pouco de paciencia... 
Esta é a imaxe da nova mochila temática deste curso sobre inventos e descubrimentos
(Creada para a ocasión pola profesora de EPeV do centro, Sabela Arias)  

lunes, 23 de noviembre de 2015

UNHA NOVA MOCHILA TEMÁTICA! DE QUE ÍA TRATAR? MÁIS DE INVENTOS

Na imaxe posa coas súas compañeiras de curso académico. 


Algo do que esconde no seu interior...
Este é o seu caderno viaxeiro (dará conta das impresións e diferentes suxestións de quen leve a mochila)                        




martes, 17 de noviembre de 2015

jueves, 15 de octubre de 2015

A TRANSFORMACIÓN COMEZOU...


Nos corredores, nas aulas, na sala de profes, na biblio, nos talleres, no ximnasio, na cafetería, na conserxería, nos departamentos...xa se fala de inventos e descubrimentos.
 O proceso está en marcha!

lunes, 21 de septiembre de 2015

Benvidos a un novo proxecto da nosa Biblioteca!

Comezamos este curso cos muros  en branco esperando a que os nosos traballos sobre inventos e descubrimentos os enchan  de vida. O Maruxa Mallo xa está pensando e empezando a manexar ideas, dándolles forma propia...

martes, 26 de mayo de 2015

VARIOS CONCURSOS: "VIAXE AO PASADO DOS PROFES", "BUSCANDO A PI"...

                                                  AGORA VIAXAMOS NO TEMPO!!!!

           O concurso consistía en adiviñar qué obxecto pertencía a cada profesor ou profesora dos que expuxemos na entrada do IES. 


PARTICIPANDO...

 
  Entrega de premio de "Viaxe no Tempo"  a  Diego. ( 4º ESO )


Entrega do premio "Buscando a Pi" de 4º ESO a Esteban
Entrega do premio "Buscando a Pi"de 1º ESO a
 Raúl
Pincha o link para viaxar polo Maruxa Mallo:

http://issuu.com/bibliomm/docs/barrido_exposici__n_global


martes, 28 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO NO IES MARUXA MALLO 2015

''Se non podes viaxar, le''.

Escribimos o lugar ao que nos gustaría viaxar...
E... compartímolo neste avión que puxemos na entrada!










ESTE ERA O CARTEL QUE PRESIDÍA A ACTIVIDADE.



PROXIMAMENTE FOTOS DO CONCURSO "VIAXE AO PASADO DOS PROFES"...

Mentras tanto aí vai algún issuu viaxeiro. Pincha no link se queres viaxar:

Travelling:

http://issuu.com/lenguamaruxamallo/docs/english_project_travelling

Bibliojuego itinerante (ITER, ITINERIS):

http://issuu.com/lenguamaruxamallo/docs/bibliojuego_itinerante_2015













           " Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro".
                                               
                                                                         Emily Dickinson


























































viernes, 6 de marzo de 2015

ENCONTRO COA ESCRITORA ANA ALCOLEA

      Unha nova visita da escritora zaragozana, Ana Alcolea, o día 23 de febreiro de 2015, volveunos lembrar o poderío imaxinativo da pluma desta creadora. Imaxes de figuriñas  africanas con poderes na época da escravitude, galeóns do século XIX e museos actuais formaron parte da súa presentación da obra El secreto del galeón.        Proxectounas en power point e levounos a eses lugares polos que cobraran vida os seus personaxes.

Alumnas presentando a autora


Montando o agasallo que lle prepararon

      Este ano o alumnado de 3º da ESO agasallouna cunha antoloxía de textos creados por eles. Transformáronse en creadores  e creadoras dunhas cartas nas que un personaxe da obra lle escribía a outro do que non se puidera despedir. Ao remate da charla, a autora (agora transformada en lectora) leu algúns dos que escolleu ao chou...

COMENTARIOS DE... María e Sara (3º A); Aroa, Uxía e Alba (3º C):
"Fue un día de grandes experiencias en el que la autora aclaró nuestras dudas y nos explicó aspectos de la obra, además de alguna de las experiencias que vivió al escribirla".
"Aparte de ser una buena escritora, también lo es como persona ya que nos demostró a cada uno de los alumnos que la experiencia de escribir un libro es mucho mayor de lo que pensamos".
"Participamos en la presentación y despedida de esta autora. Hablamos de su vida, sus estudios, sus ideas y sus obras. Le agradecimos con un presente hecho por todos los alumnos de 3º su colaboración con el centro y su sinceridad en relación a la obra".


VISITOUNOS O ESCRITOR VICENTE MUÑOZ PUELLES

   Encontro co escritor valenciano, Vicente Muñoz Puelles, o día 9 de febreiro de 2015 nas dúas sesión da tarde do luns.
   Presentou a obra Polizón a bordo entre o alumnado de 1º da ESO.

 Ao remate, fíxoselle entrega dun agasallo moi especial: un conto colectivo Humana por una temporada (creado polo alumnado de 1º da ESO) que tiña por protagonista a unha vaca con problemas intestinais .



Este é o personaxe principal da xornada!
 Naceu no noso IES con motivo deste encontro porque, para a ocasión, o alumnado contou  a historia dos seus terribles problemas intestinais...

UN ENTROIDO MOI TURÍSTICO

Este curso, na nosa liña viaxeira, disfrazámonos de turistas. Seguimos disfrutando co proxecto lector e cada quen decidiu o seu lugar de destino.
Houbo desfiles, concurso. risas e premios...


lunes, 2 de marzo de 2015

DÍA DA PAZ NO MARUXA MALLO

      Este curso para celebrar o Día da Paz decidimos dedicarlle a xornada aos Premios Nobel da Paz do século XXI. Cada grupo traballou sobre un premiado ou premiada e preparou información para expoñer nas portas das aulas para así compartilo con todos. Titorías e  equipo de Dinamización prepararon unha presentación ppt. para proxectar no recreo do día 30. Presentación que disfrutamos de xeito conxunto a ritmo de Rosario Flores, John Lennon, Ana Belén, etc.
Na imaxe recóllese un momento da proxección

jueves, 8 de enero de 2015

A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis ,  deixaron o centro no Nadal para viaxar e compartir coas familias moitas novas aventuras en forma de libros, xogos e outros materiais...

Esta é a máis tímida (a das Viaxes) porque ten un papel protagonista este curso.
Para ela será a súa primeira saída ao exterior.