miércoles, 30 de octubre de 2013

Benvida ao novo curso 2013-2014!

Este ano o tema do Proxecto lector do noso IES é nin máis nin menos que o grande universo do mundo do CÓMIC e a BANDA DESEÑADA...
Faremos o que poidamos, coma sempre, pero parece que a cousa "pinta" moi ben.
Preparamos ese cartel para empezar a traballar...

Se debemos retirar algunha das imaxes empregadas na confección deste póster, fáremolo en canto así nos sexa requirido.

martes, 7 de mayo de 2013

Día do libro 2013

“LIN o libro e VIN a película” este foi o lema elixido para crear dous personaxes novos no noso IES: Lino e Vina (deseñados pola profesora de EPeV, Sabela Arias). Montamos unha exposición no centro (cos libros e a súa película) e creamos unha sección na que facer comentarios sobre os mesmos.
Ese día fixemos a entrega de premios do Bibliojuego Olímpico e dunha actividade creada este curso co nome de Edmallo Olímpico (na que se empregou un sistema de votación da rede social Edmodo para que o propio alumnado xulgase e escollese os mellores traballos da exposición olímpica).
 
Algunhas imaxes da exposición

Ao igual que no curso pasado, este ano tamén optamos por unha actividade visual e sinxela. A valoración é moi positiva porque parece que vén a demostrar que aquelas actividades nas que o alumnado personaliza os seus traballos teñen maior aceptación ca outras.






miércoles, 10 de abril de 2013

O triatleta santiagués, Antón Ruanova, visitou o noso IES

Un traballo de oito alumnas de 2º da ESO (coordinadas pola biblioteca e o departamento de Educación Física) culminou a finais do mes pasado coa entrevista que lle fixemos a un triatleta santiagués, ANTÓN RUANOVA, gran deportista e mellor persoa, que conectou co noso alumnado dende o minuto cero (dun encontro de dúas horas). A verdade é que era a primeira vez que na nosa biblio entraba unha bicicleta e todo o equipo que trouxo para explicarnos a súa actividade (algunhas fotos que subimos á páx. web). 
 Contamos cunha cómplice de excepción (a nai do triatleta) quen se desplazou ó noso centro no mes de xaneiro e quen respondeu as mesmas preguntas que logo lle fixemos ao fillo. Gravamos todo e proxectámolo- houbo mensaxes de amigos, vídeos promocionais do deporte, divertidas tomas falsas...- Foi curioso ver a cara do entrevistado ante cada resposta da nai, sobre todo por ver se coincidiría ou non coa que el acababa de darnos.
Pretendiamos facer un entrevista pouco convencional e conseguímolo! Mágoa que non puidese estar o triatleta ordense, Iván Raña,  porque súa nai tamén colaborara no Proxecto pero os seus compromisos profesionais non o permitiron.
 En fin, quédanos pendente...
Biblioteca, 21 de marzo de 2013

Lucía, Iria, Marta, Natalia, Nuria, Xela, Zaira e Marina

BIBLIOJUEGO 2013

Como en anos anteriores,  celebramos este concurso para comprobar qué coñecía o noso alumnado sobre os Xogos Olímpicos (despois de expoñer no centro os materiais elaborados en diferentes áreas).
Se pinchades aquí veredes os "pulmóns olímpicos" dos Xogos...



O Biblos este curso 2012-2013 tamén é OLÍMPICO



 A publicación do biblos xa leva un tempo na páxina web do noso centro

Éxito da mochila temática: chámase Olímpica e ten a axenda ocupadísima este curso 2012-2013

Este ano, o Proxecto Lector do noso centro xira en torno aos Xogos Olímpicos e a mochila temática é a grande triunfadora (mesmo máis demandada que o novedoso e moderno "libro electrónico" que chegou á nosa biblio). A profesora de Educación Plástica e Visual do noso IES, Sabela Arias, creou a súa imaxe.