martes, 2 de diciembre de 2014

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado luns, 24 de novembro, visitamos a biblioteca do concello e puidemos ver e disfrutar de moitos libros de viaxes. Tamén nos deron unha interesante charla contra a violencia de xénero. 





Na imaxe estamos na Biblioteca municipal coa coordinadora da mesma.

martes, 18 de noviembre de 2014

A NOSA BIBLIO ESTÁ MOI VIAXEIRA!

 Parece que xa está a interpretar o papel deste ano que dedicamos ás viaxes...

 Agora xa non lle parece suficiente con saír do seu espazo para visitar todo o IES (baixo aparencia de mural, presentación en ppt, kamishibais, folios A3, A4, viñetas, cartolinas, etc.) senón que emprendeu aventura cara á Santiago!!!

 O pasado sábado, 8 de novembro, participou nas "V Xornadas de Bibliotecas escolares" presentando o traballo conxunto que se fixo no centro sobre o tema do Proxecto lector "O ano do Cómic"

 Que dicir de poder compartir esa experiencia co resto das biblios?
 FANTÁSTICOOOO!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Repetimos traxe de festa para celebrar o Día das bibliotecas porque é o cartel do ano pasado pero non nos importou nada porque o día foi igualmente especial entre carnés, sorteos, agasallos...




martes, 28 de octubre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO...


ESTA VEZ O MUNDO SERÁ VISTO POLO IES MARUXA MALLO
UN PASEO SEN FIN

jueves, 8 de mayo de 2014

Día do Libro


Unha pequena mostra deses traballos
Baixo o lema de " Personaxes do mundo cómic" creamos un bocadillo xigante no que recoller as aportacións de toda a comunidade educativa.

miércoles, 23 de abril de 2014

ENCONTRO CON ESCRITORES E ESCRITORAS

Este curso disfrutamos do espazo da biblioteca con varios dos escritores e escritoras dalgúns libros de lectura que se traballaron no centro. Novamente, sorprendeunos a curiosidade do noso alumnado neste tipo de encontros e o bo facer destes creadores e creadoras con lectores e lectoras adolescentes...
Fernando CIMADEVILA veu presentar o 19 de decembro, con 4º da ESO O mundo secreto de Basilius Hoffman.
Ana ALCOLEA, escritora zaragonaza, comentou tamén no nivel de 4º da ESO, o día 31 de marzo: La noche más oscura.
Gonzalo MOURE presentou entre o alumnado de 1º da ESO, o día 4 de abril: Palabras de Caramelo.

A. ALCOLEA asinando libros
 

G. MOURE asinando libros




Acollida do autor antes de comezar a charla

viernes, 18 de abril de 2014

KIKO DA SILVA NA NOSA BIBLIO

7 DE MARZO DE 2014

Kiko da Silva, fundador de la escuela "O GARAXE HERMÉTICO", nos habló de su aún no terminado libro titulado "Baixo as pedras flotantes”, basado en lugares y objetos naturales muy reales. Piedras nacidas de la propia tierra, otras huecas y totalmente esféricas, bosques y hasta los rincones más extraños...
Pasamos a la práctica donde nos enseñó varios clichés utilizados por muchos ilustradores.
Dos horas productivas pero, personalmente, creo que hubiese estado mejor aumentar el momento de la práctica. Aroa Sánchez (2º A).

TRES PELOS COBRA VIDA NAS MANS DO NOSO ALUMNADO

miércoles, 9 de abril de 2014

O Entroido disfrazouse de cómic

Estas son algunhas fotos divertidas con varios dos premiados e premiadas deste concurso de disfraces.

jueves, 13 de marzo de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ 2014: As árbores mensaxeiras da Paz enchéronse de follas con textos diversos neste día sinalado.







ÁRBORES DA PAZ cheas de follas con mensaxes de paz. No centro da imaxe o mapa (elaborado por Dinamización Lingüística) baixo o lema de "Países nos que a pomba da paz está ferida de guerra".



O texto recolle: "Un insulto non é unha palabra, son miles de lágrimas"

"Oxalá que non haxa máis guerra"
"Si quieres hacer la paz no hables con tus amigos, habla con tus enemigos"


"A paz: un dereito para todos, un pracer para moi poucos"

martes, 18 de febrero de 2014

Así é a MOCHILA DO CÓMIC



Imaxe con parte do contido desta mochila.


A etiqueta da mesma é un debuxo de Sabela ARIAS (creadora de Icía e avoa, tal e como mostra este deseño que nos preparou para a mochila temática deste curso).
 Un ano máis agradecemos a colaboración desta profesora de EPeV do noso centro.






AS MOCHILAS VIAXEIRAS xa están de viaxe!


Nesta imaxe observamos o momento no que deixan o  IES para compartir experiencias co noso alumnado e as súas familias. Ao fondo da imaxe, de gris e azul, asoma timidamente a mochila do cómic na súa primeira saída ao exterior.

Mafalda e Tintín danvos a benvida ao noso IES

Así recibimos este curso académico a quen se achega ao Maruxa Mallo. Non cabe dúbida! É o ano do cómic!