jueves, 20 de diciembre de 2018

FELICITACIÓN NAVIDEÑA DA BIBLIO

      O equipo da Biblio deséxavos unhas Felices Festas e Felices Lecturas!!!

martes, 18 de diciembre de 2018

UNHA PEQUENA MENCIÓN...

      Aínda que xa sabemos que as nosas compañeiras do equipo da Biblio: Helen (coordinadora) e Ana Calvo (anterior coordinadora) son tan traballadoras coma humildes... hoxe gustaríanos facer unha pequena mención ao seu traballo na Biblio (xa desde hai moitos anos) para contarvos que en Outubro, un traballo que prepararon resumindo o proxecto do Universo no noso centro, foi seleccionado, xunto co de outros 9 centros de toda Galicia, para que o contasen nas Xornadas de Bibliotecas de Galicia, dentro da sección "A fume de carozo".
      Damos fe de que o prepararon a conciencia e de que resultou unha interesante exposición para o público.
      Noraboa ás dúas polo voso traballo, ilusión e bo facer! Moitas grazas!!!



POR FIN SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

       Hoxe no recreo as mochilas viaxeiras comezan a súa peculiar viaxe...
Os e as privilexiadas que as van desfrutar no Nadal, posaron para a foto antes de marchar con elas.
Desexámosvos que vos gusten, non esquenzades poñer as vosas opinións e suxestións no caderniño que levan!

A GALERÍA DAS EMOCIÓNS

       O alumnado de 4ºESO, na materia de Plástica, está elaborando pequenas obras de arte que compoñen a Galería das Emocións. Noraboa, artistas!



EMOCIÓNANSE OS ANIMAIS?

Sabedes que os animais tamén se emocionan?

      Desde a materia de Ciencias de 1ºESO amósannos as súas investigacións ao respecto, botade unha ollada á súa exposición titulada "La inteligencia emocional de los animales" porque vos sorprenderá: