miércoles, 30 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA!

Hoxe inauguramos o club de lectura a golpe de claqueta!!!
Este foi o vídeo que preparou Amparo desta animada xornada de inauguración:





Aí van algunhas imaxes:


Algúns dos libros seleccionados este curso.


TERRORÍFICO HALLOWEEN!!!

Halloween xa chegou ao Maruxa Mallo!

Con premio ás mellores cabazas...
Aí tedes o vídeo que preparou Amparo e algunhas imaxes:




 Noraboa!!!


viernes, 25 de octubre de 2019

UN DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE PELÍCULA!!!


 O xoves, 24 de outubro,  aparecía no guión deste curso como un día de festa...
 Xa desde o mércores comezamos a montar as mesas cos premios do sorteo no que podería participar todo o alumnado do IES. Este ano houbo quen deu boa conta do decorado porque tamén formaban parte del unhas palomitas que se esgotaron mesmo antes de rematar o recreo:
 A celebración comezou, coma noutras ocasións, coa entrega de carnés aos novos usuarios e usuarias da biblio de man dos seus titores e titoras: María, Óscar e Alicia. E, a continuación, tocaba sacar un número e ver se tiñas premio no sorteo. As imaxes recollen algúns momentos desta celebración...
Aquí tedes un vídeo que preparou Amparo e que dá boa conta da celebración deste día:



Imaxe de quen gañou algún deses premios



Nun momento do sorteo

jueves, 17 de octubre de 2019

O CLUB DE LECTURA ConLdeler XA ESTÁ EN MARCHA...



 Benvidos e benvidas a un novo curso no que o club de lectura do centro xa está preparado (mesmo recién pintado e cos mobles listos) para que poidamos seguir desfrutando nel de novos proxectos, novos libros, novas películas e novas aventuras...
 Podedes comprobar no taboleiro que está fronte á porta da biblioteca o día no que teredes a primeira xuntanza.
Independentemente desa data,  teremos unha xuntaza conxunta con festa de inauguración o día 30 de outubro á que non podedes faltar. NON FALTES!!!

Gracias por anotarvos para compartir con nós esta nova posta en marcha do club!!!

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA

 Un ano máis comezamos en 1º da ESO coas xornadas de formación para o alumnado que chega novo ao centro.
 Empregando como apoio visual unha presentación de 45 diapositivas compartimos con eles o noso espazo, as nosas actividades, os nosos fondos (cómo facer uso deles, cómo se localizan, a distribución das CDU), as mochilas de garda, as mochilas viaxeiras, os novos proxectos, etc.
 Este curso dividimos a formación en dúas sesións ( 1º C o venres, 11 de outubro e 1ºA/B o luns, 14 de outubro). Aquí tedes algunhas imaxes:




jueves, 10 de octubre de 2019

O CINE e OS MEDIOS AUDIOVISUAIS... TOMA 2



                  Unha imaxe da entrada do IES presenta
               
                  o proxecto deste curso 2019-2020.  Aí a tedes!!!

   Este ano o profesor de Educación Plástica e Visual, Óscar Villanueva, encargouse da elaboración dos carteis: