O club de lectura de adultos está a ler unha obra da actriz francesa Emmanuelle Laborit, El grito de la gaviota. O vindeiro luns, 9 de decembro compartiremos as nosas impresións sobre este libro entre café e pastas.
Nos clubs de 1º e 2º da ESO, un equipo anda a investigar sobre unha avoa gánster
que agocha uns cantos segredos nas páxinas do libro de D. Walliams.
Todo consiste en tentar descubrilos...Conseguirano? Xa se verá!
O outro equipo de 1º e 2º da ESO está centrando a súa lectura na figura de Isabel Zendal
e no seu relevante papel na vacina da varíola. Foi unha persoa que
naceu no noso concello (Ordes), concretamente na parroquia dalgún dos
alumnos que forman parte dese grupo. A priori xa promete...
Outro equipo de 1º ESO está a crear as súas propias historias de terror no club de escritura e xa compartiron unha delas co alumnado, "A nena da curva". Foi unha representación teatral arrepiante! Noraboa!
E.A. Poe ocupa os espazos do club de 3º da ESO, o corazón pode delatar a alguén? será quen de manterse tranquilo ante a chegada da policía?
Algunha imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario