lunes, 13 de junio de 2022

Roteiro Zendal dos Clubs de lectura

 O pasado 9 de xuño foi toda unha aventura para quen formamos parte dun dos clubs de lectura de ConLdeler: desde Ordes viaxamos ata A Coruña para coñecer máis sobre a figura de Isabel Zendal (nacida en A Grela, Parada, Ordes).
 
Fora xa tema de lectura nos diferentes niveis da ESO durante o curso (cuxo proxecto da biblio partía co lema: as expedicións) pero o proxecto ampliouse a través dos clubs de lectura ata desembarcar neste roteiro
Pincha aquí: roteiroZendal
 
Con guías de excepción como Antonio López Mariño, Joaquín Pedrido,  Ana González, Montserrat Muriano e Yamilé Pérez fomos visitando zonas estratéxicas: Zalaeta, Praza Consulado, Igrexa San Nicolás,Prácticos do Porto, Rúa da Franxa, Casa Cornide, Torno, Rúa Isabel Zendal, Estatua Isabel Zendal...


 
imaxe do grupo en María Pita
Imaxe do grupo na Praza de María Pita ás 10.30 horas
 


No hay comentarios: