miércoles, 13 de marzo de 2019

CHARLA DE IVÁN RAÑA

     
       O mércores 27 de febreiro, o noso alumnado de 1º da ESO mantivo un interesante encontro con este deportista ordense. Iván Raña acudiu acompañado por membros da súa familia, polos seus pais, a súa irmá, Natalia, e non deixou de facer referencia a eles e á importancia que teñen no seu éxito deportivo. Comentou que desde sempre lembraba o deporte na súa casa e agradeceu ese apoio incondicional ao longo da súa carreira (algúns deses momentos puidemos desfrutalos nos vídeos e imaxes que se proxectaron).      Nese contexto de charla distendida, Iván tivo un xesto cariñoso coa súa nai, Lina, sentada en primeira fila, eloxiando o moito que lle gusta a súa tortilla...
       Amosouse moi cercano compartindo con todos os presentes a súa nova aventura (automobilística) e canto teñen que poñer de traballo os seus irmáns para sacar adiante eses coches que eles soldan e preparan (porque non é, según Iván Raña, unha actividade barata).
       Os seus logros deportivos eran ben coñecidos polos asistentes á charla (independentemente da idade porque participamos xunto co outro IES de Ordes pero tamén con colexios de Educación Primaria).   Fixéronse preguntas e el resaltou ante todo a importancia do esforzo para conseguir algunha meta na vida. Seguramente, el pode facelo porque desde ben pequeno sabe o que é traballar e entrenar para conseguir vencer cando xa o corpo non responde e, segundo el mesmo di, ten que ser a mente a que siga mantendo a forza. 
       Moitas grazas! a este deportista GRANDE e HUMILDE que falaba coma se acabase de comezar a súa carreira agora, sen reparar nese palmarés que o fai tamén grande deportista de éxito. 


Imaxe do seu libro que forma parte dos nosos fondos
(cunha dedicatoria especial para o noso IES)

Un momento da distendida charla na Casa da Cultura de Ordes


No hay comentarios: