martes, 18 de diciembre de 2018

UNHA PEQUENA MENCIÓN...

      Aínda que xa sabemos que as nosas compañeiras do equipo da Biblio: Helen (coordinadora) e Ana Calvo (anterior coordinadora) son tan traballadoras coma humildes... hoxe gustaríanos facer unha pequena mención ao seu traballo na Biblio (xa desde hai moitos anos) para contarvos que en Outubro, un traballo que prepararon resumindo o proxecto do Universo no noso centro, foi seleccionado, xunto co de outros 9 centros de toda Galicia, para que o contasen nas Xornadas de Bibliotecas de Galicia, dentro da sección "A fume de carozo".
      Damos fe de que o prepararon a conciencia e de que resultou unha interesante exposición para o público.
      Noraboa ás dúas polo voso traballo, ilusión e bo facer! Moitas grazas!!!



No hay comentarios: