Un traballo de oito alumnas de 2º da ESO (coordinadas pola biblioteca e o departamento de Educación Física) culminou a finais do mes pasado coa entrevista que lle fixemos a un triatleta santiagués, ANTÓN RUANOVA, gran deportista e mellor persoa, que conectou co noso alumnado dende o minuto cero (dun encontro de dúas horas). A verdade é que era a primeira vez que na nosa biblio entraba unha bicicleta e todo o equipo que trouxo para explicarnos a súa actividade (algunhas fotos que subimos á páx. web).
Contamos cunha cómplice de excepción (a nai do triatleta) quen se desplazou ó noso centro no mes de xaneiro e quen respondeu as mesmas preguntas que logo lle fixemos ao fillo. Gravamos todo e proxectámolo- houbo mensaxes de amigos, vídeos promocionais do deporte, divertidas tomas falsas...- Foi curioso ver a cara do entrevistado ante cada resposta da nai, sobre todo por ver se coincidiría ou non coa que el acababa de darnos.
Pretendiamos facer un entrevista pouco convencional e conseguímolo! Mágoa que non puidese estar o triatleta ordense, Iván Raña, porque súa nai tamén colaborara no Proxecto pero os seus compromisos profesionais non o permitiron.
En fin, quédanos pendente...
Biblioteca, 21 de marzo de 2013 Lucía, Iria, Marta, Natalia, Nuria, Xela, Zaira e Marina |
No hay comentarios:
Publicar un comentario