Agobiados polos exames desta 2ª avaliación, andan como locos cos apuntes a todas partes. Pouco tempo para a lectura relaxada e vivida con gusto. Entón porqué non ler unha historia para tranquilizarse, lectura co corazón para valorar a amizade, o amor e darlle sentido á vida.
Un clásico un pouco descoñecido para eles, hai que porlle remedio e a miña proposta nos lles disgustou por curiosa e sabida: e se lemos "O principiño". Seguro que algo sabedes? pero alguén o leu de verdade?
8 comentarios:
O meu comentario non é sobre o principiño, se non sobre Cárcere Verde.
É un libro que me líou un pouco o principio porque non se entendía e saltaba moito na historia, e costaba entendelo,pero a partir da metade empeza a ter sentido. Eu teño que acabar de lee-lo para que o de galego me poña un positivo e poder aprobar.
Sobre o principiño:
Pareceme que o hai que ler moi rápido porque é para o martes e os que fomos a París non tivemos tanto tempo para lee-lo. Pareceme unha inxusticia.
Hola! Son Tatiana.
Este comentario é sobre o libro Cárcere verde.
A min este libro non me deu tempo a lelo pero o que lin pareceume bastante lioso porque cambia de escena constantemente e costame entendelo.
Este comentario é sobre o libro Cárcere verde, que non puiden acabar de ler de momento, porque a parte do agobio dos exames é un libro que se lia moito, cambia bruscamente de escea e fai que perdamos o fío constantemente. Eu persoalmente cada vez que intentaba continuar ca lectura tiña que ler unhas páxinas do que lera no día anterior para saber do que se estaba a falar.
Un bico, Gloria.
hola¡
bos dias, lectores.
temos unha misma aficion pola literatura galega e verdadeiramente coido que e apaixoante, e cheo de aventuras e sucesos, que ben poden ser inventados ou reais. carcere verde sin duda é un dos mellores libros en literatura galega, recreando as aventuras de un misioneiro que ca axuda de varios compañeiros intentan buscar uranio. con toda a sinceridade do meu corazón aconsellobolo, e ledeo ata o final. apasionaravos. un bikkko santi
Hola!
Este comentario vai sobre O Principiño.
A min este libro pareceume moi bonito e non é complicado de leer.
E antes de leelo parecíame máis infantil pero despois de lelo cambiei de idea.
Uns dos capítulos que máis me gustaron foron o VI e o VII. O VI trataba de que ó rapaz lle gustaban as postal de Sol e o único que tiña que facer para ver unha era arrastrar a súa silla, e o capítulo VII fala da conversacíon que tivo o principiño coa súa rosa, crendose a única rosa tan bonita...etc. e é unha rosa como outra calquera.
Un bico, Tati!
A min o principiño non me gustou moito porque para min o libro non era emocionante nin fantástico. Se fora máis interesante o mellor chegaríame a gustar pero non foi así. O que máis ou menos me gustou foi o de que tiña unha flor moi mandona, cando lle fixo ovellas e non lle gustaba nningunha e fíxolle unha caixa e pareceulle unha ovella perfecta, e cando o rapaz se desfixo do seu corpo para volver o seu planeta.
Agora voume xa ó comentario acerca de El Principito.
Ó principio non me parecía que este libro fose a estar ben e a verdade despois do chasco que me levei con Cárcere verde tampouco tiña moitas esperanzas de que me fose gustar pero sen embargo, dende o primeiro momento enganchoume dunha maneira que non podía deixalo de ler.
Encantábame a forma na que o protagonista se ía enterando pouco a pouco do planeta de orixe do Principiño, sen que el respondese, polo menos non directamente, as súas preguntas.
Recoméndovolo ós que non o lésedes aínda.
Un biquiño
Publicar un comentario